ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE
NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA
De acordo coa Resolución do 25 de setembro de 2018, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 8 de outubro de 2018), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais (2 por renovación e 1 por renuncia), dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. O resto de representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2016.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 16 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 19 de novembro.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 19 de novembro, ás 16'30 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Dirección do Centro, que exercerá a presidencia, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 20 ao 24 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 25 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.
7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 26 de novembro, de 9:00h a 10:00h, de 13.00h a 14.00h e de 16:00 a 18'00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 8:50 horas.
8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 2 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal do alumnado.
10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Bertamiráns, 7 de novembro de 2018.
A DIRECTORA
E PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca