Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Blogues

AVISO IMPORTANTE:ALERTA nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 90-100km/h

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 90-100km/h, que comezará mañá, martes día 26.11.2019 ás 14.00 horas e prolongarase ata as 00:00 horas do día 27.11.2019. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do interior da provincia da Coruña, a Mariña, montaña e centro da provincia de Lugo, interior da provincia de Pontevedra, e o sur e montaña da provincia de Ourense. 

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

 1.      A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.

2.      A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.

3.       Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

 

AVISO IMPORTANTE: REORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS

Estimadas nais, pais, familias,

O próximo luns  25 de novembro comezaremos a realizar as entradas  e saídas de outra forma distinta de como se viña facendo até o de agora.

A razón non é outra que garantir o dereito de todo o alumnado transportado a entrar e saír acompañados das persoas que fan o acompañamento nos autobuses, posto que así se contempla na normativa; así como mellorar a seguridade do resto do alumnado non transportado.

Para isto imos deixar o portal principal para que acceda e saia o alumnado transportado coas acompañantes. Para o resto do alumnado que acude ao centro coas súas familias e/ou responsables, habilitaremos o acceso para entrada e saída do alumnado polo portal lateral.

EXCEPCIÓN: Para o alumnado de educación infantil, tendo en conta a idade deles e a ubicación do edificio de infantil, a entrada e saída seguirá sendo polo portal principal.

Pedímoslle as familias que acompañan ao alumnado de primaria que non accedan ao interior do recinto, e que esperen, tanto para entregalos como para recollelos, nese portal lateral. Os portais abriranse no seguinte horario: O de arriba ás 8:50 para entrada e ás 14:00 para a saída  (para que entren as acompañantes de autobús e familias de infantil). O portal lateral abrirase  ás 8:50 para entrada e ás  14:05  para recoller ao alumnado de primaria.  Saben que en breve iniciaranse as obras do novo comedor e aínda que non haberá maquinaria pesada nin guindastres funcionando neses momentos, o espazo redúcese e sería un pouco caótico con alumnado e adultos dentro.

Comunicarvos tamén que enviamos un escrito ao Concello de Ames para solicitar un novo paso de peóns á altura do portal lateral, así como a proposta de outras medidas a adoptar que consideramos necesarias para aumentar a seguridade neste contorno escolar.

Pedimos a vosa inestimable colaboración para poder facer este cambio, co que esperamos gañar en seguridade para o alumnado que acude a este centro.

Bertamiráns, 20 de novembro de 2019

 

A directora

Mª Isabel Abelleira Bardanca

DESCULPAS DA DIRECCIÓN DO CENTRO

Estimadas familias,

Como vostedes ben saben, sempre somos extremadamente coidadosos e respectuosos cos datos de carácter persoal do noso alumnado, e isto só pode ser atribuído a un erro involuntario froito de un descoido do mestre especialista que fixo a programación. Cada mestre é o único responsable das súas programacións, ditas programacións son documentos públicos para toda a comunidade educativa, por iso, para facilitar o acceso ás mesmas se publican na web do centro.

É normal que cada mestre teña coñecemento das características do alumnado ao que lle imparte para poder actuar tendo en conta as individualidades de cada un e así poder adaptarse a cada nena e cada neno; o que non é normal é que eses datos aparezan nun documento público, como pasou nesta ocasión. Simplemente, entregou en dirección o documento que debía ser de uso particular para a impartición das súas clases. Aclarar que dende dirección compróbase que todos os documentos estean entregados pero non o contido de cada documento, posto que o contido é responsabilidade de cada mestre.

Como responsable do centro, reitero as miñas desculpas polo acontecido, saben que en canto se nos notificou o problema, de inmediato se solucionou,  e teñen o meu compromiso persoal e profesional de que non se volverá a repetir en ocasións futuras. Igualmente reciban as desculpas do mestre especialista que elaborou a programación.

Ao mesmo tempo, quixéramos facerlle unha petición a todas aquelas persoas que difundiron o documento, solicítaselle prudencia e cautela, posto que eles mesmos (sabemos que intentando avisar) están difundindo e revelando datos persoais. Así que lles solicitamos que deixen de facelo.

Reitero novamente as nosas desculpas e quedo á súa disposición para intentar solucionar este erro.

A Directora

Mª Isabel Abelleira Bardanca

AVISO IMPORTANTE: ENQUISAS PARA ELABORAR MAPA SOCIOLINGÜÍSTICO DO CENTRO.

Estimadas nais, pais, familias,

Hoxe o voso/a  fillo/a levará para a casa  a enquisa para pais e nais do alumnado de centros educativos de ames, que nos vai proporcionar datos para realizar o Mapa Sociolingüístico Escolar do Concello de Ames. Teñen toda esta semana de prazo para traela de volta. O/A alumno/a deberá entregarlla ao seu titor/a.

Grazas pola vosa colaboración.

DÍAS NON LECTIVOS E PERIODOS DE VACACIÓNS PARA O CURSO 2019/20

 

Días non lectivos establecidos no calendario escolar

  • 31 Outubro: Día do Ensino
  • 1 Novembro: Día de Todos os Santos.
  • 6 Decembro: Dia da Constitución.
  • 19 Marzo: Día de San Xosé.
  • 1 Maio: Día da Festa do Traballo

 

Períodos de vacacións

  • Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.
  • Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.
  • Semana Santa: desde o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

 

Alteracións no calendario escolar

  • Días festivos do Concello de Ames: 25 de febreiro (martes de Entroido) e o 21 de maio (Día da Ascensión)
  • Día non lectivo solicitado polo centro: 22 de maio

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os titores de 5º de primaria convocan unha reunión informativa conxunta sobre E-DIXGAL.

  • DATA: Luns 16 de setembro
  • HORA: 16:30
  • LUGAR: Aula de música (1º andar)

 

 

Un cordial saúdo dos titores de 5º

AVISO IMPORTANTE: TRANSPORTE ESCOLAR

Mañán venres 13 de setembro, todo o alumnado transportado levará unha autorización que deberán entregar cuberta e asinada o luns 16. Deben entregarlla á acompañante de autobús asignada ao autobús que empregue o seu fillo ou filla.

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O 1º DÍA: 11/09/2019

  • O alumnado de educación primaria entrará sen acompañamento familiar. Agás o de 1º de Educación primaria, que, de xeito excepcional por ser o 1º día, poderán baixar acompañados por unha persoa adulta. Igualmente esta excepción faise extensible para o alumnado de calquera nivel de Educación Primaria que se incorpore por 1ª vez ao centro.
  • O alumnado de 1º de EP dirixirase ao lateral esquerdo, esperará alí na zona asignada ao seu curso a ser chamado polo profesorado .
  • O alumnado de 2º, 3º e 4º de EP colocarase na parte dianteira do edificio, porta principal, e esperará alí na zona asignada ao seu nivel a ser chamado polo profesorado.  
  • O alumnado de 5º e 6º de EP, dirixirase ao lateral esquerdo, 6º entrará directamente e o de 5º esperará alí na zona asignada ao seu nivel a ser chamado polo profesorado.

 

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O 1º DÍA: 11/09/2019

 

ALUMNADO DE 4º de INFANTIL (3 anos)

 

Período de adaptación: Segundo o establecido e explicado polo profesorado na reunión informativa do período de adaptación.

Durante este período de adaptación non teñen autobús nin comedor escolar.

                                                                                                                  

ALUMNADO DE 5º e 6º de INFANTIL (4 e 5 anos)

 

Na pista deportiva descuberta, na zona de columnas, haberá indicada unha zona para cada grupo.

O profesorado estará en cada columna e unha vez que estea o grupo completo, subirán ao edificio de infantil para incorporarse ás súas respectivas aulas.

 

 

Lembrámoslle  aos familiares acompañantes que non está permitido acceder ao interior do edificio infantil, agás causa xustificada e previa autorización do profesorado que estea na porta.

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE PARADAS DE AUTOBÚS E HORARIOS

O horario das paradas sempre é  aproximado.

Os horarios a ter en conta son os de saída da parada inicial, as seguintes poderán sufrir pequenas variacións dependendo do tráfico.

 

 

BUS nº 1: Saída de Covas ás 8:35h. - Aldea Nova:  08:45h – Porto: 08:50h

BUS nº 2Saída Paseo Fluvial : 08:42h – Centro Médico: 8:48h

BUS nº 3:: Saída de Cortes: 08:35h.  Condomiña: 08:40h- Tarroeira:08:45h – Praza da Maía: 08:50h

BUS nº 4: Pedregal: 08:45h – Panadería Xallas: 08:50h

BUS nº 5Praza da Maía:08:40h - Panadería Xallas: 08:45h

 

BUS nº 6Centro Médico: 08:45h - Gadis: 08:50h

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

by Dr. Radut