Blogues
PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN, A DETECCIÓN E O TRATAMENTO DO ACOSO E DO CIBERACOSO ESCOLAR
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 09/01/2024 - 2:43pmPublícase o novo Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento de acoso e ciberacoso escolar, actualizado.
USO DOS TELÉFONOS MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS NOS CENTROS EDUCATIVOS
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 08/01/2024 - 3:04pmPublícase a Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos, pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
SAMAÍN e MAGOSTO
Enviado por A Maía o Mar, 02/01/2024 - 8:16pmDende o Equipo de Normalización Lingüística, achegamos dous PDF coas celebracións do MAGOSTO e SAMAÍN, que podes ver/descargar se clicas en ADXUNTOS.
AVISO: convocatoria de folga de persoal docente do 28/11/2023
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 27/11/2023 - 11:17amAs organizacións sindicais CIG-Ensino, STEG e CSIF-Ensino comunicaron a convocatoria dunha folga que afectará o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e que se desenvolverá das 00.00 ás 24.00 horas do día 28 de novembro de 2023.
Terá a consideración de servizos mínimos, para o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a dirección ou membro do equipo da dirección.
En todo caso quedarán garantidos a apertura e o peche de todos os centros.
AVISO IMPORTANTE: FOLGA XERAL 24/11/2023
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 23/11/2023 - 3:34pmA organización sindical Sindicato para la Solidaridad de los Trabajadores de España comunicou a convocatoria dunha folga xeral que afectará o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas do día 24 de novembro de 2023 e finalizará ás 23.59 horas dese mesmo día. Tamén é posible que afecte ao transporte escolar.
Ante esta convocatoria e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, establécense uns servizos mínimos para garantir a atención, vixilancia e coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.
Como servizo mínimo para garantilos establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza nos ditos centros do/da director/a ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o/a substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as letras a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e polo tanto están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o/a director/a tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.
A presenza dun subalterno ou subalterna deriva das funcións que a este tipo de persoal lle competen respecto do coidado e vixilancia das instalacións e do control de entrada e saída do centro educativo, tanto para evitar a entrada de persoas alleas ao centro como para evitar a saída dos menores de idades cando non corresponda.
Dentro do deber de outorgar protección básica ao menor de idade debemos incluír a súa alimentación. Así, cando un servizo público asume esta responsabilidade, non pode desatendela, o que motiva que unha persoa con funcións de cociña deba permanecer nos centros educativos ordinarios con servizo de comedor.
O dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores, que, como se dixo, non pode ser paralizado, inclúen a actividade básica de coidar a integridade física e hixiene daqueles que, por teren diminuídas as súas capacidades, necesitan unha constante vixilancia e atención (artigo 49 da Constitución) por parte de coidadores de alumnado con necesidades educativas especiais presentes nos centros docentes ordinarios.
En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche do centro.
Máis información no Diario Oficial de Galicia
Recomendación do Departamento de Dinamización e Normalización da Lingua
Enviado por A Maía o Lun, 30/10/2023 - 6:37pmPDF con recomendacións dende o Departamento de Dinamización de Normalización da Lingua sobre a exposición e actividades que se están a facer no Museo Gaiás relacionadas co Seminario de Estudos Galegos.
Samaín 31 de outubro
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 26/10/2023 - 9:28amEstimadas nais, pais, familias,
O Samaín é unha das celebracións máis antigas que se coñece e ten a súa orixe nos celtas de Galicia, que se vestían con peles de animais e máscaras para escorrentar aos “espíritos malignos”. A noite do 31 de outubro marcaba o fin da época de colleita e o final do verán, e o comezo do escuro e frío inverno. Por iso crían que ese día, a barreira do mundo humano e espiritual se esvaecía e os seus habitantes podían mesturarse. No Samaín non só críase na existencia de espíritos, tamén de fadas e trasgos. Ao abrir a porta dos dous mundos, pensábase que tamén podían entrar estes seres máxicos. Por iso, había que ter moito coidado a quen se lle abría a porta o 31 de outubro. A lenda conta que, se o visitante era un fada, a familia tería sorte durante o ano seguinte. En cambio, se era un trasgo, pasaría unha tempada de penurias e infortunios.
O vindeiro martes 31 de outubro celebraremos o Samaín, e comunicámosvos que as/os vosas/os fillas/os poderán vir disfrazados e/ou maquillados se queren, por suposto é absolutamente voluntario. Só poñemos tres condicións:
1.- Que sexa relacionado co Samaín e non co Halloween, somos conscientes de que ás veces confúndense e mestúranse.
2.- A cara ten que estar recoñecible e polo tanto non pode vir cuberta con máscara.
3.- Que os posibles complementos non supoñan un atranco para o desenvolvemento da xornada.
Grazas pola vosa colaboración
Concello de AMES: A Oficina de Software Libre organiza o obradoiro “Repair café de equipos informáticos”
Enviado por A Maía o Xov, 19/10/2023 - 9:48am- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »