Benvida
Benvidos ao noso centro!
8 M no CEIP a Lomba
Hoxe no CEIP A Lomba celebramos o 8M, Día Internacional da Muller, e para festexalo por todo o alto realizamos varias actividades entre o noso alumnado. E como é mellor velo que contalo, aquí tendes uns vídeos para que poidades disfrutalos.
PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO (ED550-B), CURSO 2023/2024.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024
Iníciase o procedemento de ADMISIÓN DE ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024.
· Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo
Solicitud admisión en castellano
IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do menor.
· O formulario de solicitude está dispoñible e pode presentarse:
Ø A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ (solicitudes>admisión). A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto
con toda a documentación que se indica máis abaixo.
Ø Na sede electrónica da Xunta mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada. Neste caso non é necesario
entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente o procedemento.
Ø Na secretaría do centro, en horario de 09:15 a 13:00. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación que se indica a
seguir.
-
Documentación que se debe achegar xunto coa Solicitude + Anexo II Bis:
o Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
o De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Ante calquer dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto no teléfono 886 15 18 12
-
Outra información de interese:
- Área de influencia do CEIP A Lomba.
- Número para resolver o empate na puntuación baremo admisión 2023/2024
- Acreditación familia monoparental
- Cálculo da renda no apartado de baremo.
- Manual das familias para cumprimentar a solicitude de admisión.
Calendario do proceso
⇒ Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
⇒ Número de desempate na puntuación final de admisión no curso 2023/2024.
⇒ Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
⇒ Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo (ambos incluidos).
⇒ Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Do 21 de marzo ao 11 de abril.
⇒ Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.
⇒ Reclamación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: do 26 de abril ao 3 de maio. (na secretaría do centro onde presentou a solicitude)
⇒ Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.
⇒ Reclamación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, no prazo de 1 mes presentación de Recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra.
⇒ Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: Do 20 ao 30 de xuño, (en xuño publicaremos máis información sobre este punto).
⇒ Formalización da matrícula en ESO: Do 23 de xuño ao 07 de xullo. (consultar na páxina web do centro de Ensinanza Secundaria onde se vaia a formalizar a matrícula por se teñen uns días específicos para a matrícula de cada curso)
Normativa
-
DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Anexo I
- Orde de 21 de octubre de 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedimiento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánicaca 2/2006, do 3 de mayo, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembre de 2022).
Máis información en http://www.edu.xunta.gal
NOTA: Esta información iráse actualizando a medida que teñamos máis información da Consellería de Educación.
RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º EP para 1º ESO NO IES CASTRO ALOBRE. CURSO 2023/2024
ED550A: Reserva de praza, cambio de un centro a outro ao que se está
adscrito (do CEIP A Lomba ao IES Castro Alobre).
