Eventos

« Xaneiro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

 

RADIO PICARIÑA

You are hereSecretaría

Secretaría


CONVOCATORIA AXUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS PARA ALUMNADO 6º PRIMARIA E 2º DE ESO NO 2020

O Ministerio de Educación convoca axudas de inmersión lingüística en lingua inglesa, a realizar na primavera do 2020, para o alumnado de 6º de educación primaria e 2º de ESO.

As solicitudes cumprimentaránse na páxina web do Ministerio de Educación e o prazo para a súa presentación remata o día 10 de febreiro de 2020.

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiant...

 

PROXECTO: CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

Dispoñibles a presentación e as instruccións do proxecto "Camiños escolares Seguros".

LISTADOS DEFINITIVOS ADMITIDOS E EN ESPERA NO COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2019/2020

Publicados os listados definitivos  do alumnado admitido e en espera no Comedor escolar. Curso 2019/2020.

COMEDOR ESCOLAR: LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS E EN ESPERA. CURSO 2019/2020

Con data de hoxe, 02-09-2019, publícanse as listaxes provisionais do alumnado admitido e en espera no comedor escolar, para o curso 2019/2020.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS RECLAMACIÓNS: Na secretaría do CEIP A Lomba.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: do 3 ao 9 de setembro de 2019. O día 9 só ata as 11:30 horas, o resto dos dias de 09:15 a 13:00 horas.

 

CONVOCATORIA BOLSAS ALUMNADO NEEAE. CURSO 2019/2020

Aberto o prazo, ata o 26 de setembro de 2019, para solicitar as axudas que o Ministero de Educación convoca para o alumnado con Necesidades de apoio educativo (NEEAE), no curso académico 2019/2020.

Máis información no arquivo adxunto e nos enlaces seguintes.

https://sede.educacion.gob.es.

http://www.educacionyfp.gob.es

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019/2020

Publicadas as listaxes definitivas do Fondo de libros de texto (alumnado 3º, 4º, 5º e 6º EP), e adquisición libros de texto e material escolar (alumnado de 1º a 6º de EP). Correspondente ao curso 2019/2020.

Os vales para a adquisicón dos libros de texto e material escolar, poden ser retirados da secretaría do CEIP A Lomba, no mes de setembro ou ata o 19 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019/2020

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais, admitidos e excluídos, do Fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquisición de libros de texto e material escolar do curso 2019/2020.

PRAZAS VACANTES DESPOIS DA MATRÍCULA. CURSO 2019/2020

Publicadas as prazas vacantes, despois da finalización do prazo de matrícula, para o curso 2019/2020.

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO ESCOLAR 2019/2020

Publicado o listado de libros para o ano académico 2019/2020. É importante non mercar ningún libro ata que comece o curso.

IMPRESO AUTODECLARACIÓN SOLICITUDE COMEDOR. CURSO 2019/2020

Xa está dispoñible o impreso para realizar a autodeclaración da renda, correspondente á solicitude do comedor para o vindeiro curso 2019-2020.

O impreso pode ser entregado na secretaría do CEIP A Lomba ata o día 19 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas.