Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

 

RADIO PICARIÑA

You are hereEd. Infantil

Ed. Infantil


O Magosto

Os pequerrech@s do cole celebraron o Magosto  asando castañas, cantando e xogando cos nen@s de sexto. Pasámolo xenial!

Taller de pais

Esta semana os pais de Tatiana, de cinco anos,  viñeron a darnos unha charla sobre os diferentes tipos de nubes, para así axudarnos a ampliar os coñecementos que estivemos traballando na aula sobre a agua e o seu ciclo, dentro do proxecto trimestral: "Salvemos o Mundo"

O rematar agasallaron os nen@s cun precioso adorno de copos de neve para adornar a sua árbore de Nadal.

Foi un verdadeiro placer telos na aula e aproveitamos para invitar a tódalas familias que veñan á aula a explicarnos máis cousiñas sobre o proxecto.

O samaín en infantil

A semana máis terrorífica do ano!

Dende o luns, os nen@s realizaron infinidade de actividades relacionadas co Samaín. Decoramos a aula, o pasillo, as portas... fixemos un taller de cociña, contamos contos, poesías e cancións que daban moito medo. E rematamos cunha gran festa do medo!

Semana mundial de folga pola Terra

Do 20 o 27 de setembro foi convocada unha folga a nivel mundial para salvar o planeta.

Entre as actividades propostas, o martes, pedían traer unha camiseta verde a escola.

Os membr@s de infantil da Lomba,  ademais de participar  en dita actividade, estamos traballando na aula o proceso reciclaxe, reutilización e reducción.

Contacontos. Antón Fraguas

Na semana das Letras Galegas, entre outras moitas actividades, os nenos de Educación infantil, participaron nun contacontos relacionado con Antón Fraguas e a súa obra.

 

Excursión de fin de curso a Illa de Ons. 2019

"Andabamos na búsqueda do tesouro pirata, parecía ser que estaba enterrado nunha fermosa praia. Tódalas pistas levaban a Illa de Ons, así que preparamos a mochila, e comezamos a aventura!!"

Este curso, os nenos de infantil da Lomba, fumos de excursión de fin de curso a Illa de Ons.

No seguinte enlace atoparedes máis imáxenes dese fermoso día. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalomba/galeria/displayimage.php?alb...

En busca do tesouro pirata!!

Un día calquera nunha semana calquera apareceu nas aulas de infantil un PIRATA!!

Estaba buscando o seu tesouro, non o encontraba por ningún lado e precisaba da nosa axuda.

Polo que... todos ilusionados, decidimos comenzar un novo proxecto:

"EN BUSCA DO TESOURO PIRATA" 

Unha sorpresa no patio

Despois de moitos días de choiva,  por fin poidemos ir o patio a xogar!!

Pero cal foi a nosa sorpresa cando atopamos un novo compañeiro de xogos. 

Un pequeno e precioso sapo, cuns impresionantes ollos cobrizos.

A nosa mañá cambiou, comenzamos a investigar!! Cómo era? Qué facía no patio? Onde pode vivir? Cómo se alimenta?... E decidimos levalo cerca do río. Polo que improvisamos unha pequena excursión!!

Kandinsky no Parque da Xunqueira

Durante estos meses estamos traballando cos nen@s de infantil os pintores europeos, datos curiosos da súa vida e obra.

Coñecendo a Kandinsky,  pareceunos moi interesante como realizaba as súas paisaxes. Por iso, tendo en conta o bo tempo que está a facer, collimos a nosa carpeta, lápiz e goma, e fumos o parque da Xunqueira!!

Debuxamos unha preciosa paisaxe, e sobre todo, pasámolo xenial!!

Un festival cheo de pintores e cores

Da comezo o festival de entroido 2019!!

Todos listos para cantar!!

"Moitas cores hai 

polo mundo adiante...!!

É rematamos cunha gran merendola chea de postres típicos de entroido!!