Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

 

RADIO PICARIÑA

You are here6º Primaria

6º Primaria


LOMBA OLÍMPICA

OS NENOS E NENAS DE 6º C PRESENTAN NO ANEXO O PDI DO CURSO 2019-20.

Seguros Viaxe de Fin de Curso a Tenerife

Deixamos anexos a esta entrada o seguro que contemplan todos os rapaces e rapazas na viaxe e que todos teñen así como a documentación do seguro opcional de cancelación de viaxe que tería un precio de 8 euros, o prezo se engadiría ó importe final do viaxe en caso de reservalo. o prazo para o seguro opcional remata mañá xoves ás 11h.

Sorteo de Lotes de Nadal hoxe 17 de decembro

Ante todo graciñas a todos os que axudáchedes ós nenos e nenas de 6º para a súa viaxe a Tenerife, esperemos que esa boa obra teña o premio merecido esta noite se a vosa rifa coincide cos 3 derradeiros números do sorteo do cupón diario da ONCE de hoxe luns 17 de dedembro (si, lichedes ben, os derradeiros 3 números!!)

 

 

Visita a exposición de curtas 2018

Onte ó sair do auditorio os nenos de 6º da Lomba fixeron unha parada para admirar a exposición de curtas 2018, este ano o leit-motiv do Festival é a fantasía e a O Señor dos Aneis en particular, coincidindo co 45 aniversario do falecemento do seu creador J.R.R. Tolkien, destacamos na nosa visita a obra de Nekro, artista grovense de relevancia mundial

Visita ó Museo de Pontevedra e Roteiro sobre Castelao

No día de onte os nenos e nenas de 6º A e B tiveron a oportunidade de ver parte das obras máis representativas da pintura e escultura contemporánea galega, todo elo no mellor lugar posible: O museo de Pontevedra. Ó rematar e tras unha rápida merenda seguimos os andares de Castelao pola que foi a súa amada vila.

Dúas actividades que recomendamos facer a todos os que estén a ler estas liñas

Visita ó Porto de Vilagarcía

Alumnos e alumnas de quinto e sexto da Lomba coñeceron nestes días como é o Porto da nosa cidade e o importante que é para a economía da vila. Queremos mostrarlle tamén a nosa gratitude á Autoridade Portuaria pola súa invitación e magnífica guía.