Eventos

« Outubro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

 

RADIO PICARIÑA

You are hereBlogues / blogue deLomba

blogue deLomba


Seguros Viaxe de Fin de Curso a Tenerife

Deixamos anexos a esta entrada o seguro que contemplan todos os rapaces e rapazas na viaxe e que todos teñen así como a documentación do seguro opcional de cancelación de viaxe que tería un precio de 8 euros, o prezo se engadiría ó importe final do viaxe en caso de reservalo. o prazo para o seguro opcional remata mañá xoves ás 11h.

Sorteo de Lotes de Nadal hoxe 17 de decembro

Ante todo graciñas a todos os que axudáchedes ós nenos e nenas de 6º para a súa viaxe a Tenerife, esperemos que esa boa obra teña o premio merecido esta noite se a vosa rifa coincide cos 3 derradeiros números do sorteo do cupón diario da ONCE de hoxe luns 17 de dedembro (si, lichedes ben, os derradeiros 3 números!!)

 

 

Visita dos Axentes Forestais á Lomba

Este luns tivemos a fortuna de recibir a visita dos Axentes Forestais da Xunta que nos ensinaron como loitan contra o lume nos bosques da nosa querida Galicia e as medidas a tomar pola nosa parte para tratar de evitar accidentes e erros que poden tardar moitos anos en repararse

25 de novembro

 

 

 

 

Neste día, no que todos celebramos a loita contra algo tan triste como é ese cancro ó que damos en chamar Violencia de Xénero, queremos poñer algunhas pequenas aportacións dos nosos meniños o pasado venres. 

 

 

Visita a exposición de curtas 2018

Onte ó sair do auditorio os nenos de 6º da Lomba fixeron unha parada para admirar a exposición de curtas 2018, este ano o leit-motiv do Festival é a fantasía e a O Señor dos Aneis en particular, coincidindo co 45 aniversario do falecemento do seu creador J.R.R. Tolkien, destacamos na nosa visita a obra de Nekro, artista grovense de relevancia mundial

Buscando a Illa do Tesoro no Auditorio

Os nenos e nenas de 3º a 6º de Anexo e Lomba puideron disfrutar esta mañá da obra de teatro en inglés "Treasure Island", baseada na famosa obra de Robert Louis Stevenson, todo elo no Auditorio de Vilagarcía

 

 

Estamos de Magosto !!!!

Que bo día para celebrar o noso magostiño, chouriziños, castañas asadas e xogos. Que máis se pode pedir !!!!

Por certo, moitas grazas a todos os que nos axudaron a que esto saira ben

De Contos e Contas no auditorio

Onte puidemos revivir esas historias que aparecen nos libros de contos no Auditorio de Vilagarcía grazas ós nosos amigos de  Zarándula Comunicación Cultural, unha obra que pretende achegar ós nosos meniños como as súas accións poden contribuir na mellora da economía familiar e que recibiu en 2017 o premio de Actualidade económica e CECA. 

Por certo, expectacular Barba Azul !!!!