Curso 2014 - 2015

Listado Libros de texto curso 2015-2016

 

Fai clic aquí para descargar o listado de libros.

 

NOTA: co vale de gratuidade de libros de texto, os alumnos/as de 4º e 6º de primaria, non poderán aquirir libros distintos ao curso no que estén matriculados no 2015/2016, xa que ao final do curso terán a obriga de devolvelos ao centro para formar parte do banco de  libros,  que xa existe cos libros que adquiriron co vale neste curso 2014/2015 os alumnos de 3º e 5º, que devolveron ao centro e que servirá para prestalos aos que  os soliciten ou podan solicitalos en función da renda per capita dos ingresos da unidade familiar. Estes libros deberán estar vixentes durante 6 cursos académicos. Os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria non teñen obriga de devolvelos porque non se poden reutilizar.

Excursión 6º de Primaria. Itinerario de Viaxe

Fai clic na imaxe para descargar o documento completo en pdf

Vídeo despedida 6º de Primaria

CEIP A GÁNDARA CAMPIÓN GALEGO FEDERADO ALEVÍN MIXTO E TERCEIRO CLASIFICADO GALEGO FEMININO

Libros de texto

 

 Gratuidade solidaria de libros de texto 2015/2016

 

 

Clica para acceder ás Instruccións da Dirección Xeral de Recursos Humanos sobre os programas de libros de texto para o curso escolar 2015-2016.

 

 

Publicada a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria

 

DESCARGAR A SOLICITUDE

Artigo 2. Fondo solidario de libros de texto

Todos os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán dispoñer dun fondo solidario de libros de texto, que estará integrado por:

1. Todos os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/15, que o alumnado beneficiario está obrigado a devolver de acordo co artigo 14.d) da Orde do 28 de maio de 2014, pola que se convocaron as ditas axudas.

2. Os libros de texto e o material didáctico vixente e útil voluntariamente cedido ao fondo

 

Artigo 3. Devolución dos libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2014/15

1. O alumnado deberá devolver os libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2014/15 unha vez feitos os exames, e como máximo, o 19 de xuño de 2015

2. A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario.

 

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de xuño de 2015.

 Artigo 7. Asignación dos libros

1. O centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. Non obstante, o alumnado que estea en tutela ou garda da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65 % terá preferencia para a adxudicación dos libros de texto.

  Clica para ver máis información: obxecto da convocatoria e principais novidades.

 

Publicada a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial

 Requisitos: 

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros
  • Ter devolto os libros de texto adquirido coas axudas do curso 2014/2015

Anexo I Editable online

Anexo I Descargable

 

Clica para ver : obxecto da convocatoria, requisitos,...