Outonía con 5 anos

 

Nestes últimos días, o alumnado de quinto de Educación Infantil recibiu a visita do Obradoiro Outonía, no cal desfrutamos da dramatización dun contacontos monstruoso, aproveitando a conmemoración do Samaín. Tamén aproveitamos para bailar e para cantar cancións outonais de tradición cultural da zona.