Concerto de Florian Vlashi. 5º e 6º de E.Primaria.

O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria asistiu a un concerto no Multiusos ofrecido polo violinista  Florian Vlashi titulado : " O VIOLÍN NA ARTE DENDE O BARROCO ATA HOXE ".

Neste concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos,puidemos escoitar obras de Valente, Bach, Herrando, Sarasate, Quiroga, Kurtag, Xenakis e Chaplin.

Un interesante repertorio dende o Barroco ata os nosos días, onde se mezclaron música e pintura .

Para ver o vídeo resumo desta saída, picade na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/LZnQljajWjg