SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS

 

Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos:

 

Dous sobre a aplicación para as familias abalarMóbil

 

Un sobre o uso da ferramenta de e-portfolio e comunidades educativas dixitais Agueiro

 

Tres sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado

 

Un sobre o uso da mensaxería na comunicación coas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar

 

Cinco sobre as funcionalidades básicas das Aulas Virtuais dos centros educativos:

 

Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar (https://www.youtube.com/user/espazoAbalar) e no Espazo de servizos dixitais educativos (https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais), dentro das seccións App de comunicación abalarMóbil, Ferramenta de portfolio Agueiro, Servizo de videoconferencia Webex, Servizo de comunicación espazoAbalar e Aulas Virtuais.

 

Estes recursos veñen a reforzar todos os materiais e manuais empregados nos procesos de formación do profesorado e que están publicados no Espazo de servizos dixitais educativos (https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais)  do espazoAbalar e na Aula Abalar Aberta (https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual2)