CEIP Plurilingüe A Gándara

O Club Atletismo A Gándara logrou 7 podios no Campionato Galego

A participación do Club Atletismo A Gándara nos campionatos galegos de pista ao aire libre para as categorías alevín e infantil que se disputaron en Vigo resultou brillante, xa que logrou 7 podios.

En categoría Alevín, los atletas Melania López e Manuel Rodríguez foron campións galegos nas probas de lanzamento de peso. Como subcampiona galega quedou Carmen Martínez en salto de lonxitude, ademáis de ser bronce en marcha. A séptima medalla logrouna Carlos López cun terceiro posto nos 2000 metros. Dous atletas quedaron moi cerca do podio, Melania López en salto de lonxitude e PablO Rodríguez en peso, pois quedaron cuartos.

Boletín de Xuño do Servicio de Prevención de Drogodependencias

O Servicio de Prevención de Drogodependencias ven de editar un novo número do Boletín Familiar que leva por título: 

DICINDO "NON" TAMÉN EDUCAMOS

Poden descargar o boletín facendo clic no seguinte enlace:

http://www.monfortedelemos.es/recursos/documentos/Boletin_Junio_2014.pdf

 

Se queren aportar calquera dúbida, petición ou información, poden remitirse a:

Luísa Astray García - Educadora Social

Teresa González Carballo - Educadora Social

UNIDADE ASISTENCIA DE DROGODEPENDENCIAS

Horario 08:00 - 15:00 H

Rúa Otero Pedraio s/n (Antiga Casa de Socorro)

Telf: 982400495

Fax: 982415172

e-mail: uad@concellodemonforte.com

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2014 - 2015.

Dende o 2 de xuño ata o 2 de xullo poderase presentar na secretaría do centro as solicitudes para a adquisicón de libros de texto (non outros materiais didácticos, xa que ao final de curso deberanse deixar no Centro para formar un banco de libros) para Educación Primaria.

Máis información nos  seguintes enlaces:

http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria (lugar e prazo de presentación, documentación a presentar, contía, ...).

 

Gratuidade solidaria (galego ou castelán).

 

ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

 

Solicitude en galego. Anexo I. 

 

Solicitud en castellano. Anexo I.

 Clica para acceder aos LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014/2015.

 

Jacobo Fernández Serrano

Ao alumnado de 1º,2º  fixóselle curto o encontro que tiveron con Jacobo, autor e ilustrador de A gardería de Dona Bixelmina. Eran moitas as preguntas e ganas de ver como debuxaba. Algo semellante ao que lles pasou aos de 3º que se mostraron moi ilusionados ao poder falar coa persoa que escribiu e  ilustrou os libros que todos teñen disfrutado nestes días: Marcopola de banda deseñada e A pedra e as formigas.
 
Recomendamos a visita do seu blog nesta ligazón 
para saber máis sobre a súa obra e últimas novidades.Se vos apetece un xoguiño sobre un dos seus libros facede clic en ACTIVIDADE LIM DE A pedra e as formigas do CEIP ESPIÑEIRA, ALDÁN
 
 
 

Máis contos na radio

Laura López conta "O elefante encadeado" de Jorge Bucay

 

"A árbore dos problemas" de Candela Rodríguez e "O león e o rato" de Carmen Martínez