" DO TRADI AO TRAP " é o título desta actividade levada a cabo na aula de 5º de E.Primaria na que Branca Villares , de Tradiescola , nos ofreceu unha interesantísima charla sobre : abuso sexual, intimidación, reclamo publicitario sexista, cousificación publicitaria da muller, hipersexualización etc. Os datos son escalofriantes !
Dita actividade foi promovida pola ANPA do cole, MOITAS GRAZAS !
O pasado 25 de abril o alumnado de 3º de E.Primaria saiu de excursión a Samos para realizar un tramo do Camiño de Santiago e varias actividades de Scape Room e Xogos Tradicionais.
Para ver o vídeo resumo picade na seguinte ligazón :
Despois de moito esforzo, entre os nenos e nenas, coa axuda das familias e por parte de todos os que traballamos no cole, conseguimos montar este minimercado chamado: Mercándara.
Xogando cos diferentes roles: peixeiros, caixeiros, repoñedores,... os nenos e nenas van a adquirir moitas aprendizaxes.
Agardamos saquen as conclusións de que hai que mercar "con sentidiño", tendo en conta o aforro, a compra sostible e valorar a publicidade dos diferentes produtos para saber elixir cal mercar.
PREMEDE NA PRIMEIRA IMAXE SE O QUEREDES VER EN VÍDEO!