CEIP Plurilingüe A Gándara

Semana do Libro

Na semana do 19 ao 23 de abril levamos a cabo unha serie de actividades no centro para conmemorar o día do libro. O resultado final de todas elas pode verse na seguinte imaxe, onde os diferentes cursos fixeron unha composición de cada un dos libros traballados na aula ao longo da semana. 

 

23 de Abril, Día do Libro

A semana do 19 ao 23 de abril, realizamos actividades para conmemorar o Día do Libro. O eixe principal das actividades foron libros en galego, a partires dos cales realizáronse actividades diversas. 

- En Educación Infantil, a mestra Elena fixo de contacontos na biblioteca do centro, escenificando para todos os nenos e nenas desta etapa, o conto de "A mosca chosca".

- O alumnado de Educación Primaria, escolleu un conto en cada grupo, que leron durante a semana, e a partir do mesmo, elaboraron unha pequena composición plástica empregando a técnica do "knolling", contando a súa historia, a través de obxectos seleccionados que foron aportando. Así mesmo, o propio día 23, cada clase fixo un xogo interactivo acerca do seu conto, empregando os ordenadores e tablets do centro. 

Para non perder detalle desta celebración, estade atentos as próximas publicacións!! Non perdades detalle.

Circuito con robots

Continuamos a xogar cos robots no proxecto Digicraft. 

Nesta ocasión, os robots tiñan que recoller no circuito, algúns obxectos que foron perdendo no seu recorrido. Para elo, os nenos e nenas tiveron que programalos cunhas cartas de xogo e así poder chegar á meta. 

Os nosos robots

Os nenos e nenas de 4º e 6º fixeron os seus robots. Estes son de exploración, domésticos e aéreos, dependendo do que eles escolleron. 

Na próxima sesión programaranos para recoller obxectos nun circuito... 

Robots de 6º:

 

Robots de 4º:

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO: A MOSCA CHOSCA. CONTACONTOS PARA A CLASE DE 4 ANOS