Contacontos no CEE Infanta Elena co alumnado de Educación Infantil

Nestas últimas semanas o alumnado de Educación Infantil acudiu ó CEE Infanta Elena, onde fomos convidados a desfrutar de diversos e entretidos contacontos. 

Pasamos un momento literario xenial en compañía do alumnado, profesorado e familias do centro, gozando da escoita e da compresión dos inxeniosos contacontos.

Destacamos a realización deste tipo de propostas compartidas pois fomentan lazos de convivencia e inclusión social, ao tempo que espertan o gusto estético e literario do alumnado.