PREMIO AO PROXECTO MERCÁNDARA

Hoxe viñeron desde o Instituto de Consumo e Competencia (Xunta de Galicia) para facer a entrega do PREMIO, ao noso proxecto MERCÁNDARA, como mellor proxecto da categoría A de GALICONS.NET 2023.

 

E non podemos estar máis orgullosos! Todo esforzo ten a súa recompensa!

 

Grazas a todos e todas os que o fixéstedes posible!