Festa dos Maios

Unha vez máis o noso cole participou na Festa dos Maios organizada polo Concello de Monforte.

Este ano o maio foi a representación dun ourizo elaborado con todas as variedades de flores que aportou o alumnado baixo o lema :

                   "A Gándara a súa horta terá e eu serei quen a coidará ".

                             Moitas grazas ás familias pola colaboración.

Tamén houbo Coplas compostas ( letra e música ) polo profe Nelson e que cantaron os nosos nenos e nenas acompañando con frautas e diversos instrumentos de percusión.                           

                         Noraboa a todos e a todas, fixéstelo moi ben !