CONCURSO BOOKFACE DIA DO LIBRO 2022

ATENCIÓN ATENCIÓN!!!

NOVO CONCURSO!!

 

Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, o 23 de abril de 2022, propoñémosvos un novo e divertido reto, un CONCUSO FOTOGRÁFICO. 

Como podedes ver nos exemplos amosados a continuación, a idea é insertar unha foto integrándose dalgún xeito na portada dun libro, todo un reto de imaxinación e creatividade.

Poderá participar no concurso calquera membro da comunidade educativa (familias, profesorado, persoal laboral, alumnado...) do noso centro neste curso escolar, enviando unha única foto BOOKFACE.

As fotos deben ser orixinais (respectando os dereitos de autor doutras que podamos atopar nas redes).

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN é do 8 ao 23 de Abril.

 

INSTRUCIÓNS: para poder incluir a foto, preme na icona co símbolo + e poderás seleccionar a imaxe desde o teu propio dispositivo ou sacala directamente. E NON ESQUEZAS ESCRIBIR O TEU NOME, APELIDOS, CURSO OU COLECTIVO AO QUE PERTENCES. 

No caso de que alguén teña algunha dificultade para colgar a foto, poderá enviala ao whatsapp do centro. 

 

Hecho con Padlet