BOOKTUBERS 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

Damos comezo neste presente curso escolar aos marabillosos BOOKTUBERS que temos na Gándara. Moito ollo coas recomendacións que nos fan os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria!!!

Clara, Ricardo, Enrik e Victor escacharon a rir co libro "As pousadeiras do rei".

Isaac, Luana, Arisha, Amalia, Antón e Martina Díaz gozaron moito co conto "Manú". 

Bianca, Darío, Lois, Jose, Martina Suarez e Talia recoméndanos o fermoso conto "Adiviña canto te quero"

Miriam, Emily, Ismael, Thaliana e Jeremy, na semana de Samaín, gozaron cos contos de medo, especialmente co titulado "A miña amiga a escuridade". 

E a vos, gústanvos estes contos? Anímate e fai as túas propias recomendacións.