blogue deangelesrodriguez

Excursión do alumnado de 6º de E.Primaria a Finca El Carmen

O pasado día 26 de maio o alumnado de 6º de E.Primaria desfrutou dunha emocionante saída para montar a cabalo na Finca El Carmen.

Podedes ver o vídeo desta saída picando na seguinte ligazón :

https://youtu.be/XlhbS8HeJXk

                                     

Excursión a S.Clodio ( Outeiro de Rei ) Alumnado de 1º e 2º de E.Primaria

O pasado 26 de maio, o alumnado de 1º e 2º de E.Primaria viaxou ata S.Clodio, no concello de Outeiro de Rei, para visitar " Unha aldea de conto ". Viñeron moi contentos/as porque o pasaron xenial !

Podedes ver o vídeo da excursión picando na seguinte ligazón : 

 https://youtu.be/ATgtVpSn7GY

Vídeo homenaxe da PROMOCIÓN 2013-2022

Xa falta moi pouco para que os nosos nenos e nenas de 6º de E.Primaria deixen o colexio. Aquí está o vídeo resumo do seu paso polo noso centro.

Poderedes velo picando na seguinte ligazón : https://youtu.be/oUvYsA_92OA

O testamento do tío Nacho

Hoxe  o Alumnado de Teatro do cole escenificou a obra titulada : " O testamento do tío Nacho ", dirixida por Paqui Abeledo.

Todos e todas o pasamos estupendamente coa súa interpretación. Un aplauso moi grande para os/as artistas. 

Podedes ver o remate da obra picando na seguinte ligazón :

https://youtu.be/Git6w-Yxvvg

 

Excursión a Sober de 4º de E.Primaria.

O venres día 06 os nenos e nenas de 4º de E.Primaria sairon de excursión ao veciño  Concello de Sober. Alí visitaron a Oleiría de Gundivós, o Horreum de Proendos e tamén a área recreativa de Cadeiras e o seu miradoiro.

O tempo acompañou, aprenderon moitas cousas sobre os nosos antergos e pasárono estupendamente. Podedes ver o vídeo resumo picando na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/LTvLBOv6aHo