Blogues

COLLEITA DE TOMATES

O alumnado de 5º infantil comezou o curso COLLEITANDO OS TOMATES maduros do horto escolar. Esta actiividade foi dirixida por Sara Martínez Gallego quen coordina o proxecto de VOZ NATURA 2023-2024.

Colleitando en setembro.

O alumnado de 2º ciclo de E.Primaria  acompañado de Sara Martínez , a nosa coordinadora do Proxecto Voz Natura, colleitou estes días as cebolas, os pementos e as cabazas do horto.

Os nenos e nenas de 4º tamén aprenderon a preparar a terra para sementar nabos.

Poderedes ver o vídeo resumo picando na seguinte ligazón : 

        https://youtu.be/kl7XRvouLpI

II FEIRA DE MOSTRAS

 

E rematamos o curso coa nosa II FEIRA DE MOSTRAS!

Clicade na imaxe e observade...

Os produtos non teñen xénero

Como derradeira actividade, dentro do proxecto Mercándara, fixemos uns comerciais facendo a comparativa dun mesmo produto vendido nos anos sesenta e na actualidade co obxectivo de valorar a publicidade sexista que hai nela. Clicade na imaxe e vede o ben que o fixeron!

VISITAS AO CENTRO DE MAIORES DO MALECÓN

Aquí tedes un resumo de tódalas visitas dos nenos e nenas do cole de A Gándara ao centro do Malecón en Monforte.

 

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

Grazas ás persoas que o fixeron posible!