Blogues

Magosto 2023

Convidámosvos a todas e a todos a acompañarnos no resumo do que foi o Magosto este ano no cole. Premede na imaxe!

Contacontos no CEE Infanta Elena co alumnado de Educación Infantil

Nestas últimas semanas o alumnado de Educación Infantil acudiu ó CEE Infanta Elena, onde fomos convidados a desfrutar de diversos e entretidos contacontos. 

Pasamos un momento literario xenial en compañía do alumnado, profesorado e familias do centro, gozando da escoita e da compresión dos inxeniosos contacontos.

Destacamos a realización deste tipo de propostas compartidas pois fomentan lazos de convivencia e inclusión social, ao tempo que espertan o gusto estético e literario do alumnado.

 

Outonía

Hoxe os nenos e nenas de Educación Primaria gozaron da segunda parte do obradoiro "Outonía". Nel aprenderon a importancia do recoñecemento do patrimonio cultural imaxinando como sería a súa aldea se non existisen elementos característicos dela.

Canción do Magosto

Aquí tedes a Canción do Magosto interpretada por todo o alumnado de E.Primaria. Dirixe o profe Nelson e acompaña Diana, alumna de 5º A.

Para ver o vídeo, picade na seguinte ligazón : 

                            https://youtu.be/aOEZqTS1pKo

Visita ao planetario de 6º

Hoxe fomos cos maiores do cole a visitar o planetario do IES A Pinguela.