Conmemoracións

Promoción do alumnado de Infantil

Os nenos/as de 5 anos rematan Educación Infantil para comezar Primaria con moitas ganas e ilusión no vindeiro curso. Para despedirse preparaon esta fermosa canción de Mamma Mía versionada. 

 

Semana das Letras Galegas

Comezamos a traballar a semana das Letras Galegas con un xogo de busca, tomando como protoganistas os negocios locais da cidade de Monforte de Lemos, e máis concretamente os dos familiares do noso alumnado. Así, a través do vídeo que se pode ver a continuación, os discentes deben buscar pistas para conseguir atopar unhas palabras relacionadas coa semana das Letras Galegas. Pensades que serán capaces de conseguir atopar todas as pistas? Pronto o saberemos. Por o de agora vexamos o que nos conta a investigadora Xana. 

 

 

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Os nenos e nenas de 4º Curso de Educación Primaria prepararon unha canción para conmemorar o Día Internacional contra o Acoso Escolar empregando de base "We are the world". 

 

Semana do Libro

Na semana do 19 ao 23 de abril levamos a cabo unha serie de actividades no centro para conmemorar o día do libro. O resultado final de todas elas pode verse na seguinte imaxe, onde os diferentes cursos fixeron unha composición de cada un dos libros traballados na aula ao longo da semana. 

 

Traballando música co alumnado de sexto de primaria (Parte II)