blogue deCristina

CONCURSO DE POESÍA DE NADAL

Desde o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN informamos que o alumnado do CEIP A Gándara participou no concurso de poesías navideñas, en galego, convocado pola biblioteca municipal de Monforte de Lemos. 

Coa sorte de ser premiados, ademais, dous dos nosos alumnos. Noraboa!

Se temos unha emerxencia 1 1 2

Os nenos e nenas, do CEIP A Gándara, o saben ben: o 1 1 2 é o número de emerxencias!

Arricamos decembro coa visita de Pablo, un bombeiro moi especial. Que lles lembrou o que deben facer en caso dunha evacuación.

Aínda que o que máis lles gustou, seguro, foi poder probar o traxe e poder ser, un ratiño, como uns bombeiros e bombeiras!

Aquí tedes a proba:  

 

 

Obra: un mundo de color.

Música de https://www.fiftysounds.com/es/

INFONADAL CONSUMO

O venres, 2 de decembro, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto estivo moi atento a toda a información recibida, para que neste Nadal saiban ben que xogos e xoguetes pedir. Ademais de divertidos, que sexan seguros!

A continuación fixeron unha manualidade, tendo en conta todo o aprendido!

Imos ver como traballaron: 

 

 

Cestas terrorificamente SAUDABLES

Neste mes de outubro, o CEIP A Gándara, celebrou o Samaín cun concurso de cabazas! Todos e todas levaron un agasallo. Pero, as cabazas máis terroríficas, creativas e ecolóxicas recibiron, ademais, uns contos e unhas cestiñas de froitas e verduras moi ricas e saudables!

Aquí tedes un resumo: 

 

 

(canción de fondo de www.musicaporlaface.com)