Curso 2022- 2023

TEMOS UN MINIMERCADO NO COLE: MERCÁNDARA!

Despois de moito esforzo, entre os nenos e nenas, coa axuda das familias e por parte de todos os que traballamos no cole, conseguimos montar este minimercado chamado: Mercándara.

Xogando cos diferentes roles: peixeiros, caixeiros, repoñedores,... os nenos e nenas van a adquirir moitas aprendizaxes.

Agardamos saquen as conclusións de que hai que mercar "con sentidiño", tendo en conta o aforro, a compra sostible e valorar a publicidade dos diferentes produtos para saber elixir cal mercar.

PREMEDE NA PRIMEIRA IMAXE SE O QUEREDES VER EN VÍDEO!

VISITA AO INVERNADOIRO

Foron varias as mañás que, os nenos e nenas da Gándara, aprenderon moito sobre as plantas de invernadoiro. Puidendo facer un obradoiro con elas e levalas para as súas aulas e coidalas!

Festa dos Maios

Unha vez máis o noso cole participou na Festa dos Maios organizada polo Concello de Monforte.

Este ano o maio foi a representación dun ourizo elaborado con todas as variedades de flores que aportou o alumnado baixo o lema :

                   "A Gándara a súa horta terá e eu serei quen a coidará ".

                             Moitas grazas ás familias pola colaboración.

Contacontos pola Semana do Libro

Durante a Semana do Libro, as diferentes clases do CEIP Plurilingüe A Gándara organizaron contacontos para lerse uns aos outros. Todos os grupos desfrutaron desta actividade e puideron escoitar aos seus compañeiros contando diferentes historias. A continuación, deixámosvos un pequeno vídeo de mostra das sesións.

Que podemos ler? Preme na imaxe e verás!