EACE

EACE

Máis fotos da Visita a Quiroga do alumnado de 1º e 2º de E.Primaria.

Actividades 5º de E.Infantil.

Aquí vos deixamos os vídeos de dúas actividades realizadas polo alumnado de 5º de E.Infantil.

Un obradoiro de Pascua : lectura do libro, ovo de pascua e búsqueda de ovos de chocolate. Moitas grazas á mamá de Xoel por acompañarnos.

Para ver o vídeo picade na seguinte ligazón : https://youtu.be/hC1_vl5vbXQ

Un obradoiro do galo de Barcelos, dentro do Proxecto do mundo : 

Día da Árbore.

O pasado martes día 21 foi o DÍA DA ÁRBORE  e celebrámolo plantando unhas cantas árbores . Queremos lembrar a importancia de cuidar as superficies arboladas e os boques e tamén nos gusta coidar o cole e telo bonito. Podedes ver un vídeo picando na seguinte ligazón : https://youtu.be/rmIqwFsQ4Hw

 

 P

Charla sobre Educación Afectivo-Sexual para 5º de E.Primaria

O pasado luns día 13, o alumnado de 5º de E.Primaria recibiu unha charla moi interesante sobre Educación Afectivo-Sexual .

Moitas grazas á matrona  Dª Sonia Vázquez Vilabrille, do Colexio de Enfermería de Lugo por ensinarnos tantas cousas dun xeito  ameno e distendido.

Aquí tedes unha fotos desta sesión : 

Excursión á Coruña do 3º ciclo de E.Primaria.

O pasado xoves día 09 o alumnado de 3º ciclo de E.Primaria viaxou á cidade da Coruña para visitar a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Para ver o vídeo-resumo desta viaxe picade na seguinte ligazón : 

               https://youtu.be/qpgh4CuMlHk