Blogues

Nadal e fin de Ano 2023

Agora que xa está a piques de rematar o ano queriamos acompañarvos este fin de semana cun resumo do que foi a despedida do primeiro trimestre no cole. Unha aperta para todas e todos!

Nadal coas persoas maiores

Agardamos que esteades gozando das festas. Nós quixemos estar presentes para os nosos e as nosas maiores visitándoos na residencia e enviaándolles unhas postais de parte de tódolos grupos do cole.

Recomendacións para nadal

Que mellor forma de empezar as vacacións de Nadal que cun bo libro ou xogo, tanto para nenos como para adultos. 

Actividade de Voz Natura

O alumnado de 4º, 5º e 6º de E.Primaria participou hoxe nunha actividade enmarcada dentro do Plan Director do Proxecto Voz Natura.

A charla foi impartida polo garda civil D.Roberto Pérez e polo sarxento D.Hipólito Garrido pertencentes ao SEPRONA da provincia de Lugo.

O alumnado aprendeu moitas das funcións da garda civil, en concreto as relacionadas con SEPRONA e todo o relacionado coa prevención de incendios, coidado da flora e da fauna, vixiancia dos recursos hídricos e montes, etc.

Obradoiro de Nadal en familia con 3 e 5 anos

Con motivo da celebración de Nadal, esta semana as clases de cinco e tres anos recibimos a maravillosa visita dunha das súas familias para realizar un taller de manualidades. Neste caso elaboramos unha bonita e decorativa árbore de nadal.