Que boa acollida tivo o intercambio de libros entre os alumnos e alumnas do cole! Foi moi interesante darlle unha segunda vida a todos estes contos! Grazas as familias por colaborar nesta actividade de fomento da lectura!
A bibliopatio tivo moi boa acollida ao longo de toda esta semana adicada especialmente á lectura.
Tanto no patio de Infantil como no de Primaria estiveron dous carros cheos de bonitos contos!
Desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega presentamos: "A PALABRA DA SEMANA". Imos comezar por esta palabra tan nosa, propia de Monforte de Lemos.
Estade atentas e atentos a ver cal é a da próxima semana...