Despois de moito esforzo, entre os nenos e nenas, coa axuda das familias e por parte de todos os que traballamos no cole, conseguimos montar este minimercado chamado: Mercándara.
Xogando cos diferentes roles: peixeiros, caixeiros, repoñedores,... os nenos e nenas van a adquirir moitas aprendizaxes.
Agardamos saquen as conclusións de que hai que mercar "con sentidiño", tendo en conta o aforro, a compra sostible e valorar a publicidade dos diferentes produtos para saber elixir cal mercar.
PREMEDE NA PRIMEIRA IMAXE SE O QUEREDES VER EN VÍDEO!
Foron varias as mañás que, os nenos e nenas da Gándara, aprenderon moito sobre as plantas de invernadoiro. Puidendo facer un obradoiro con elas e levalas para as súas aulas e coidalas!