Achégase o 25 de Novembro : Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller .
O alumnado de 6º de E.Primaria participou no obradoiro " Patriarcado Baneado ",actividade proposta polo CIM Monforte.
Impartiron esta sesión Sonia e Ester, de CAVAS GALICIA ( Centro de Atención a Vítimas de Agresión Sexual )
Para ver o vídeo resumo , picade na seguinte ligazón :
O alumnado de 5º B de E.Primaria desfrutou con esta actividade organizada pola ANPA do cole sobre o noso patrimonio cultural :
" OUTONÍA "
Aquí tedes a Canción do Magosto interpretada por todo o alumnado de E.Primaria. Dirixe o profe Nelson e acompaña Diana, alumna de 5º A.
Para ver o vídeo, picade na seguinte ligazón :
O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria participou hoxe dunha actividade de Iniciación á Micoloxía da man de Carlos, de Terras de María Castaña.
Despois de traballar na biblioteca do cole, saímos ata o Concello de Bóveda a buscar cogomelos e para rematar fíxose unha clasificación e exposición de todo o atopado.
Para ver o vídeo desta actividade, picade na seguinte ligazón :
Aquí está o vídeo das monstruosas merendas dos nosos nenos e nenas.
Para velo, picade na seguinte ligazón :