Curso 2020 - 2021

Letras Galegas

Este ano o día das Letras Galegas homenaxeou a Xela Arias. 
Para recordala o alumnado de infantil fixo un bonito video.


Tamén disfrutaron pintando a Xela. Estes peques pintan moi ben. Quedou xenial!.

Digicraft: Somos detectives

Na seguinte actividade os nenos e nenas farán de detectives para averiguar a máxima información posible sobre unha persoa ficticia, navegando a través das súas redes sociais e utilizando buscadores de Internet, desde un espazo virtual creado coa ferramenta "CoSpace".

Horario xuño

Recordámosvos que durante o mes de xuño o horario do centro cambia:

 

Fondo LIbros

Estimadas familias:

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas do FONDO LiBROS.

A solicitude pode realizarse de xeito presencial ou telemático.

Tedes toda a información no seguinte enderezo:https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Se tedes algunha dúbida, por favor, poñédevos en contacto co centro.

Digicraft: ¿É un paxaro, un avión?

Continuamos a traballar no programa digicraft coa seguinte actividade, na que cada neno tivo que debuxar seguindo as instruccións indicadas pola profesora, mentras que os demáis intentaban adiviñar o que estaba a debuxar. Logo, tiveron que debuxar o que o ordenador lles indicaba a través da aplicación "Quick, Draw! Esta é unha intelixencia artificial adestrada paara recoñecer debuxos.