blogue desaravarela

De visita en Quiroga

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fixeron un percorrido por Quiroga para coñecer máis sobre a súa historia e etnografía.

Primeiro, paramos a merendar neste marabilloso miradoiro de San Clodio, dende o cal puidemos observar as montañas do Courel.

Logo visitamos o museo xeolóxico de Quiroga, onde puidemos coñecer máis sobre os animais que habitaron a Terra hai moitos, moitos anos. Incluso tivemos a sorte de coñecer a Elba, unha muller prehistórica que habitou no Courel hai moitos anos, e cuxos restos foron atopados alí.

A segunda visita, ao museo etnográfico, permitiunos aprender moito sobre a historia de Quiroga e os oficios que existían antigamente. Ata puidemos ver como eran antes as escolas!

Coller as rendas

Este luns, día 30, Yolanda Castaño visitou a biblioteca da nosa escola para compartir con nós un marabilloso contacontos. Nel falounos do seu libro, Coller as rendas, co que os pequenos puideron desfrutar de diferentes historias que tiñan como protagonistas diversos integrantes do reino animal.

Grazas, Yolanda! 

2º de primaria contra a violencia machista

Os nenos e nenas de 2ºA estiveron traballando ao longo de toda a semana para amosar ao mundo a súa mensaxe en contra da violencia machista.

 

Están moi orgullosos/as do seu traballo porque eles/as saben que non existe unha maneira correcta de ser neno ou nena, e que teñen dereito a ser como queiran ser. Por iso, téñeno ben claro, e dende as aulas dicimos: NON á violencia machista!