blogue deEdu

De compras por Monforte!

O alumnado da etapa de infantil visitou o mercado e algunhas tendas da cidade para coñecer a súa contorna e experimentar. Fixérono xenial e non podemos estar máis orgullosas.

 

Día da Paz 2023

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos no cole o Día da Paz compartindo un ratiño xuntxs no patio da escola!!

Wild Wild West visita ao teatro en inglés!

A semana pasada, o terceiro ciclo asistimos ao IES Daviña Rey para ver unha obra de teatro en inglés. Participamos activamente e axudamos aos protagonistas a resolver o conflito!!

Comic de Nadal

Presentámosvos un resumo dos comics de nadal que fixeron os nosos pequechos e pequechas. Premede na imaxe para poder velo!!

Nadal e fin de Ano 2023

Agora que xa está a piques de rematar o ano queriamos acompañarvos este fin de semana cun resumo do que foi a despedida do primeiro trimestre no cole. Unha aperta para todas e todos!