1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Escolares, Idioma estranxeiro

CONTO VIAXEIRO

Os alumnos e alumnas do colexio elaboraron  o conto viaxeiro “H2O”. Un precioso e interesante conto cuns personaxes moi peculiares: Pinguiña, Pilánea, Petrólium e o científico H2O .A través deles dásenos unha interesante mensaxe.

I CERTAME LITERARIO

No blog do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio poderedes consultar a resolución do I Certame Literario  que leva por título “Somos química: a auga”. Tamén poderedes ler os textos de poesía e narrativa premiados. Noraboa aos  galardonados.


                    Desde aquí queremos animarvos a todos a participar en vindeiros certames.

DÁLLE Á LINGUA

O noso alumnado do 5º nivel vai participar na actividade "DÁLLE Á LINGUA", que promove a emisora Onda Cero Pontevedra en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello. No día de hoxe realizaron a gravación que trataba sobre as diferentes máscaras dos Entroidos Tradicionais en Galicia. Poderemos escoitalos do 28 de marzo ao 1 de abril en Onda Cero Pontevedra, na frecuencia 95.3 de F.M., ás 11:55 da mañá. Parabéns a estes pequenos periodistas radiofónicos por un día!

II certame OUFF escola

Actualizada a galería de imaxes

Xa están dispoñibles na galería fotográfica todas as actividades realizadas neste curso escolar.

Podedes acceder a mesma no apartado "Galería" do menú lateral o no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacarballeira/galeria

 

 

Entroido 2009

O pasado día 20 de febreiro, celebramos no Colexio a festa do Entroido con: desfile, baile, xogos, degustación de doces típicos desta festa e a tradicional chocolatada.

Xa podedes ver as fotografías desta festa na sección de "Galería".

Celebración do Samaín

O vindeiro mércores 29 de outubro, celebraremos a festa do Samaín, polo que rogamos os alumos/as  que poidan, que traian unha cabaza para decorala e expoñela no colexio.

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital