CPInclúe

MULLER E NENA NA CIENCIA

O pasado mes de febreiro conmemorouse o Día da muller e a nena na ciencia e, Tania viu á nosa biblioteca para que o alumnado desfrutara e coñecera un pouco máis a súa profesión e para achegar referentes de mulleres no eido científico.

Foi un placer escoitarte, Tania! Estás sempre convidada!!

 

TEATRO EN CLAVE FEMININA

Enmarcado no contexto da celebración do día da muller e como actividade incluída nos contratos programa CPInclúe estamos levando a cabo no mes de marzo un taller todos os luns de teatro para familias onde se traballan diferentes figuras de muller relevantes na literatura. Iria Piñeiro é a encargada de levar a cabo este obradoiro que desfrutamos todas.

Coñecemos aspectos do seu legado á vez que desfrutamos duns ratos en familia do máis enriquecedores.

OBRADOIRO IGUALDADE PRISMA, CON PRISCILA RETAMOZO

Dentro das actividades organizadas pola semana da muller,  este martes día 5 levamos acabo un obradoiro de Igualdade co alumnado de Infantil, 1º e 2º ciclo.

Aprenderon e desfrutaron á vez, traballando contidos importantes para converter a nosa sociedade nunha sociedade máis igualitaria.

SEMANA DA MULLER

Compartimos as actividades plantexadas para a semana do 8M

Se queredes inscrivirvos nos obradoiros de ioga ou para o coloquio, escribide ao centro. ceip.abelendo@edu.xunta.gal

Distribuir contido

Back to top