TEATRO EN CLAVE FEMININA

Enmarcado no contexto da celebración do día da muller e como actividade incluída nos contratos programa CPInclúe estamos levando a cabo no mes de marzo un taller todos os luns de teatro para familias onde se traballan diferentes figuras de muller relevantes na literatura. Iria Piñeiro é a encargada de levar a cabo este obradoiro que desfrutamos todas.

Coñecemos aspectos do seu legado á vez que desfrutamos duns ratos en familia do máis enriquecedores.

Back to top