CPInclúe

ENFERMEDADES RARAS

No mes de abril, unha nai do centro viu a concienciar sobre as enfermedades raras. Viu ao centro e deu unha charla a Infantil, 1º e 2º  e fixemos actividades que axudaron ao alumnado a tomar conciencia das diferentes características dos nenos e nenas e das súas circunstancias. Foi unha xornada moi proveitosa!!

XORNADA XOGOS TRADICIONAIS. ASOCIACIÓN JUAN XXIII

Este mes de maio para celebrar as Letras Galegas fixemos unha xornada de xogos tradicionais con todo o alumnado. A asociación Juan XXIII viu con todo o seu material e guiaron ao alumnado nos xogos dun xeito fantástico. Foi unha xornada moi bonita de xogo e desfrute.

DÍA DA MULLER 8M

Nesta data tan sinalada, dende a programación de IguálaT quixemos facer un traballo importante coas familias. En colaboración coa biblioteca do centro fixemos unha exposición de obras creadas polo alumnado e familias onde plasmaron o perfil de diferentes mulleres que eran importantes para elas e que desempeñaron un papel importante na loita pola igualdade dun xeito ou outro.

Aquí tedes a nota enviada para casa.

 

DÍA DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro conmemorouse o día da discapacidade. Dende a coordinación da modalidade InclúeT e en colaboración coa biblioteca do centro déronse ideas de contos e libros para traballar dende as aulas e de propostas para traballar nas aulas: dende traballar os sentidos e como se sinte cando non podemos recibir información por algún deles ata traballar o braille...

Aquí podedes ver un breve resumo!!

Mochilas de Igualdade

En colaboración coa biblio, un ano máis circularon de casa en casa as nosas mochilas de Igualdade cheíñas de historias de mulleres fantásticas, incribles...historias coeducativas, historias para grandes e pequenos para desfrutar dende as casas. Mirade que historias contiñan!!

Distribuir contido

Back to top