CPInclúe

25N

Como todas saberedes mañá é o 25N e conmemórase o día contra a violencia de xénero. No cole levamos toda a semana a traballar esta temática, pero o acto conmemorativo levarémolo a cabo o luns, pero non queriamos pasar por alto a xornada de contacontos en Igualdade que desfrutaron hoxe as alumnas e alumnos de Infantil grazas a un pai comprometido coa causa e que sempre está disposto a vir a colaborar co centro.

O alumnado desfrutou dun contacontos en prol da igualdade a través de contos tan coñecidos como Artur e Clementina ou O libro dos porcos. Fixémolo ao soliño no patio do cole e resultou unha xornada fantástica.

Grazas David por vir ao cole e axudar nesta importante labor de educar en igualdade!!

E o luns ensinarémosvos máis!!

 

 

ACTIVIDADE EQUIPO BENESTAR E CONVIVENCIA

Imos a realizar unha actividade de convivencia no centro. Xa vos contaremos máis, pero para comezar precisamos que esteades informados do que imos a facer.

Tedes como adxunto o texto da información para que leades.

IOGA EN FAMILIA

Este ano, dentro da Programación de Escola de Familias e como parte das actividades pensadas na modalidade ConvíveT fixemos unha xornada de Ioga en familia.

O alumnado e as familias xuntas desfrutaron dunha tarde do máis relaxante, pero anotamos as vosas suxerencias...para a vindeira, só adultos!!

PEGADA DO ALUMNADO DE SEXTO

O alumnado de sexto que deixa o cole este ano deixou a súa pegada para que os recordemos sempre no centro. Plantaron unha árbopre que nos recordará e a elas tamén o seu paso polo centro para sempre.

Volvede sempre que queirades! Esta é a vosa casa!!

Distribuir contido

Back to top