Novas e actualidade.

Convocatoria de Axudas NEAE

CONVOCATORIA DE AXUDAS NEAE

Convocáronse axudas para alumnado con necesidade educativas especiais.

O prazo de presentación, no centro educativo (pois debe levar o visto e prace da inspección) é dende o 9 de agosto ata o 30 de setembro.

Para a solicitude destas axudas é necesario que exista certificación de discapacidade ou informe médico que o acredite.

Maís información en: http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Campamentos de verán da Xunta de Galicia

Convocados os Campamentos de Verán da Xunta de Galicia

Na seguinte ligazón poden obter a información relativa á inscripción de alumnado nos campamentos de verán da Xunta de Galicia:

ORDE do 9 de xuño de 2020 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020 e se procede á súa convocatoria.

Campamentos de verán do Concello de Boiro

Convocados os campamentos de verán do Concello de Boiro: Campamento Concilia (dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos) e Campamento Tecnolóxico (dirixino a nenos e nenas de 11 a 13 anos).

A continuación teñen toda a información (en Axuntos as follas de inscripción)

Campamento Concilia Boiro 2020

Campamento Tecnolóxico Boiro 2020

Visita Virtual ao centro

Xa podedes visitar o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro dende as vosas casas.

 

 

 

 

 

 

Uso obrigatorio de mascarillas

Mascarillas

Uso obrigatorio de mascarillas

Lembrade que a partir de agora, e de momento, é obrigatorio o uso de mascarillas en espazos públicos (interiores ou exteriores) onde non sexa posible manter a distancia de seguridade.

Existen excepcións:

Cita Previa no IES A Cachada

A continuación transmitimos a circular enviada polo IES A Cachada para as familias que nestes días teñan que facer trámites nese centro.

Prezadas familias,

Comeza o prazo de solicitude de préstamo de libros para o curso 2020/2021, para o que é necesario chamar ao IES A Cachada (teléfono: 881866717) e solicitar cita previa. Poden comezar a chamar o luns, 25 de maio, a partir das 9:00 da mañá.

Dúbidas do Fondo de Libros

Dúbidas

Dúbidas sobre o Fondo de Libros

Ante as dúbidas subscitadas lembren as seguintes aclaracións:

1. A mesma solicitude é para o Fondo de Libros e as Axudas de Material. 

2. Vai dirixido a alumnado que para o vindeiro curso estará matriculado en Primaria ou ESO. 

3. O alumnado que vai para a ESO debe solicitalo no IES onde sexa admitido. 

4. Para estas axudas terase en conta a situación familiar e económica a 31 de decembro de 2018.

Axudas compensatorias para alumnado con condición de gratuíto ou de pagamento de 1€ no comedor

Acaban de saír publicada (hoxe, día 30 de marzo) a Convocatoria de axudas para compensación de gastos de manutención (producidos polo COVID-19) para os usuarios de comedor con condición de gratuíto ou de pagamento de 1€.

Resumo:

NOVAS MEDIDAS ADOPTADAS DEBIDO AO CORONAVIRUS

Ante a actual situación de contaxio por COVID-19 e seguindo as novas medidas da Consellería de Educación, que varían e variarán dependendo da evolución do contaxio por coronavirus:

Faladoiro sobre cannabis e outras drogas e adolescencia

O próximo 13 de febreiro desenvolverase o faladoiro de "adolescencia e cannabis" no marco das actividades organizadas por EspazoFamiliaS. Como sempre será de balde e con servizo de canguraxe con prazas limitadas.

Poden ver a información e reservas en:

https://espazofamilias.org/index.php/Faladoiro/cannabis/

As inscricións poden ser online ou no propio centro. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

Faladoiro de dislexia

Faladoiro de dislexia e problemas na lectoescritura.

https://espazofamilias.org/reserva/

Faladoiro

Aí vén o Nadal

O traballo coordinado ten como resultado experiencias así de bonitas: unha semana temática,

con contacontos do clube de lectura,

actividades de dinamización da lingua arredor da figura do apalpador

e visita de papá noel.

A ANPA contra a violencia

     

Esta mañá tivemos o gusto de ver a obra de Baobab teatro "Pum, pum".

Grazas á ANPA por facernos pensar en tódolos niveis do cole na importancia de respectarnos, de escoitarnos e de ser fortes para berrar.

PORTAL FAMILIAS XUNTA

A Consellería de Educación ven de publicar un novo espazo adicado ás familias onde podedes atopar información interesante.

Deixámosvos aquí o acceso:

PORTAL FAMILIAS

Distribuir contido