Novas e actualidade.

Cultura e Educación anima ás familias a ser parte do ‘Bosque de Galicia’ convidándoas a plantar árbores nas ladeiras do Gaiás

A Fundación Cidade da Cultura, co apoio da Fundación USC Deportiva, pon en marcha unha actividade lúdica e didáctica aberta a nenos e maiores na que ademais de plantar unha árbore, se dará a coñecer o proxecto e se difundirán valores ambientais.

Cada sábado organizaranse dous grupos de 25 persoas: a primeira quenda ás 10 e a segunda ás 11:30 e ademais de plantar unha árbore, os participantes farán un percorrido polo ‘Bosque de Galicia’, coñecerán de primeira man o proxecto e levarán para casa unha fotografía que recorde a súa contribución a este espazo verde. A actividade é de balde mais é preciso inscribirse previamente en www.cidadedacultura.gal

http://www.edu.xunta.es/web/node/14397

Celebramos o Entroido 2015

 Festa do Entroido

o venres 13 de febreiro, en horario de 9:00 á 13:30

A temática do entroido deste ano será “Poboados”:

Matrícula de Educación Infantil e Primaria para o curso 2015 - 2016

RESERVA DE PRAZA:
Para alumnado que solicite cambiarse a un centro que non lle corresponde ou ao que non está adscrito.
Do 1 ao 15 de febreiro.
Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares.
O alumnado que siga cursando estudios no mesmo centro NON necesita facer esta reserva.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
Só para o alumnado novo que se matricula por primeira vez no centro.

Decreto 8/2015 polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar

Decreto 8/2015 polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar

http://www.edu.xunta.es/web/node/14282

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, publícanse os formularios de solicitudes para o curso 2015/16, en galego e castelán.

Celebración do Samaín 2014

O vindeiro 30 de outubro celebraremos o Samaín, en horario de 9 a 13.30 horas (só haberá clase en xornada de mañá).Haberá servicio de comedor ata ás 15:15 h. Lembramos que á saída do comedor non hai transporte escolar, polo que deben vir a recoller aos vosos fillos/as.

Para dita celebración, necesitamos da súa colaboración nas seguintes actividades:

Aviso pais celebración Antroido 2014

Informamos que o venres 28 de febreiro celebraremos o Antroido con horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá servicio de comedor ata ás 15:30 h. Lembramos que á saída do comedor non hai transporte escolar, polo que deben vir a recoller aos vosos fillos/as.

Se o tempo o permite, ás 10:30 horas faremos un desfile por Exipto. De non ser posible, as actividades realizaranse no centro. Neste caso non é posible, por temas de organización e seguridade, a presenza das familias.

Proxecto xornada lectiva en sesión única de maña curso 2014-2015

ACTUALIZACIÓN- O horario proposto e inviable segundo a resolución da Consellería, polo que se paraliza o proceso de solicitude de xornada única.

Con data de 28 de xaneiro de 2014, o Consello Escolar vota a favro de seguir co procedemento para a solicitude de Xornada Única, tal como se recolle na Orde do 29 de maio do 2008.

Este é o proxecto pedagóxico-didáctico que se presenta e que os pais/nais teñen que votar. 

Empezamos co reparto de froita nas merendas.

O vindeiro 20 de xaneiro, empezaremos co reparto de froitas nas merendas, dentro do Plan de Consumo de Froitas nas Escolas.

Entre as datas do 20 de xaneiro (luns) e ata o 7 de febreiro (venres) ,ámbolos dous incluídos, o centro repartirá diferentes froitas, polo tanto pregamos que non lles manden as merendas habituais dende a casa.

Queremos pedir tamén a colaboración das familias para concienciar ao alumnado na importancia do consumo de froitas nunha alimentación sá e equilibrada.

Plan de Consumo de Froita nas Escolas - Curso 2013-2014

O noso centro, un ano máis vai participar no Plan de Consumo de Froita nas Escolas.

Queremos concienciar ao alumnado e ás familias do importante do consumo das froitas nunha boa alimentación. É por iso que vos pedimos a vosa colaboración ao respecto.

Informarásevos en todo momento das datas concretas en que o alumnado vai a recibir froita para o seu consumo no centro. Repartirase froita gratis a todo o alumnado de Infantil e Primaria durante o recreo.

Actuacións Festival Nadal 2013

O venres 20 de decembro, celebraremos o festival de Nadal no colexio, a partir das 10:30 horas. O Festival contará coas seguintes actuacións:

1. Escenificación: “ Sonrisa ”. 5º e 6º.

2. Montaxe decorado navideño: 2º primaria.

3. Canción: “Nadando sin parar”. Inf. 3 e 4 anos.

4. Teatro: ”A figueira de Pelostortos”. Inf. 4 anos.

5. Canción: “Eu son un artista”. Inf. 5 anos.

6. Teatro: “O ogro Carapao e o Nadal”. 1º primaria.

7. Canción: “Hay un amigo en mi”. 1º primaria.

Dispoñibles as imaxes de Inmersión Lingüística en Cuenca 2013

Xa podes ver as imaxes do viaxe que fixo o alumnado de Inmersión Lingüística ao campamento de Cuenta.

Imaxes na Galería

Segue as actividades de Inmersión Lingüística en Cuenca

Se queres seguir as actividades que está realizando estes días o alumnado de Inmersión Lingüística, podes facelo mediante estas instruccións:

1.- Accede a www.zonafamiliasymca.es

2.- Introduce o "usuario" e "contrasinal" que che enviamos ao móbil.

3.- Cando se inicie a sesión pulsa en "Resúmenes diarios"

4.- Pulsa sobre o calendario que indica a data.

Lista DEFINITIVA ADMITIDOS comedor escolar curso 2013-2014

Cerrado o período de alegacións, e atendendo as presentadas en prazo, as listas provisionais sufriron os seguintes cambios atendendo aos criterios establecidos para tal efecto na Instrucción 2/2013 de comedores escolares.
Elévanse a DEFINITIVAS, quedando como segue ordenados polas prioridades establecidas en dita orde.

Estas listas elaborounas o Consello Escolar o día 23 de setembro do 2013, ás 15.30 horas.

NOTA
: estas listas expóñense no día de hoxe, e todos aqueles que se consideren perxudicados poderán presentar os oportunos recursos de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación de A Coruña no prazo de un mes.

Abanqueiro, a 23 de setembro do 2013.

A Dirección.

Consello Escolar 16/09/2013

Convócase Consello Escolar para o día 16/09/2013 ás 15:30 na Sala de Xuntas con esta Orde do Día:

- Lectura e aprobación da acta anterior.

- PUNTO ÚNICO. Lista de usuarios do comedor escolar.

- Rogos e preguntas.

Distribuir contido