Celebración do Samaín 2014

O vindeiro 30 de outubro celebraremos o Samaín, en horario de 9 a 13.30 horas (só haberá clase en xornada de mañá).Haberá servicio de comedor ata ás 15:15 h. Lembramos que á saída do comedor non hai transporte escolar, polo que deben vir a recoller aos vosos fillos/as.

Para dita celebración, necesitamos da súa colaboración nas seguintes actividades:

  • Decoración de cabazas: estas recolleranse no centro a partir do luns día 27 de outubro. O deseño da cabaza debe permitir o acendido dunha vela no seu interior.

  • Chocolatada: os nenos e nenas deberán traer un vaso de plástico ríxido da súa casa para degustar o chocolate quente que se repartirá ese día. O vaso debe vir ben identificado co seu nome e curso.

Aproveitamos tamén para recordarlles que o venres 31 de outubro e o luns 3 de novembro non serán lectivos.

Un saúdo e grazas pola súa colaboración.