Cultura e Educación anima ás familias a ser parte do ‘Bosque de Galicia’ convidándoas a plantar árbores nas ladeiras do Gaiás

A Fundación Cidade da Cultura, co apoio da Fundación USC Deportiva, pon en marcha unha actividade lúdica e didáctica aberta a nenos e maiores na que ademais de plantar unha árbore, se dará a coñecer o proxecto e se difundirán valores ambientais.

Cada sábado organizaranse dous grupos de 25 persoas: a primeira quenda ás 10 e a segunda ás 11:30 e ademais de plantar unha árbore, os participantes farán un percorrido polo ‘Bosque de Galicia’, coñecerán de primeira man o proxecto e levarán para casa unha fotografía que recorde a súa contribución a este espazo verde. A actividade é de balde mais é preciso inscribirse previamente en www.cidadedacultura.gal

http://www.edu.xunta.es/web/node/14397