Ferramentas para a creación de preguntas Moodle (Mestres)

Coa recente dixitalización galopante da educación vémonos na necesidade de crear de xeito inmediato unha grande cantidade de contido e de actividades (exercicios) para poder avaliar o mesmo.

A Plataforma Moodle que nos ofrece a Consellería de Educación é moi boa e completa (de seguro que en vindeiros anos mellorará e ogallá se poida adaptar máis aos máis pequenos) pero a realización de exercicios é algo lenta, e iso tendo en conta que nos últimos anos mellorou moito.

A continuación déixovos dúas ferramentas que nos permiten a creación máis rápida de preguntas para Moodle e que logo podemos importar de xeito rápido. Estas ferramentas baséanse en evitar cos continuos cambios de pantalla (que ralentizan moito o proceso) e en eliminar a maior parte de opcións que nos permite Moodle para que sexan autocompletadas de xeito automático.

É dicir, permítennos a creación de preguntas tipo de xeito rápido. ¡Invítovos a que as probedes!

 
 

  • XeradorXML. Permite xerar un arquivo "xml" importable en Moodle con preguntas tipo: test (unha ou varias respostas correctas), resposta longa, resposta curta, emparellado e ordenado.
  • XeradorGift Permite xerar un arquivo "gift" importable en Moodle con preguntas tipo: test(unha ou varias respostas correctas), resposta longa, resposta curta e emparellado.