¿Como acceder a unha videoconferencia con Falemos?

Falemos

¿Como acceder a unha videoconferencia con Falemos?

 

Para facer unha videoconferencia en grupo existen moitos programas pero tedes á vosa disposición un moi sinxelo: Falemos. Unha versión do JitsiMeet que xa coñecían.

Hai dúas formas de empregala:

1 DENDE O MÓVIL

  • Hai que descargar a aplicación "Jitsi Meet" dende o PlayStore ou AppStore .
  • Deben premer na ligazón que se envía, por exemplo: "https://falemos.edu.xunta.gal/nomedareunion".
  • E elixir "Empregar a aplicación Jirsi Meet".
  • Estas salas poden estar cifradas con contrasinal.

2 DENDE O ORDENADOR (tendo webcam e micrófono, un portátil por exemplo)

  • Hai que ir á dirección: https://falemos.edu.xunta.gal/
  • Unha vez cargado, indicades o "Nome da sala" (por exemplo, "clasedemanuel"); e aceptades os permisos de uso de cámara e micrófono.
  • Quedades a unha hora e avisades aos outros falantes do "Nome da sala" (neste caso era "clasedemanuel"). Todos deben entrar co mesmo nome e á mesma hora.
  • Estas salas poden estar cifradas con contrasinal.

A continuación deixamos un vídeo explicativo: