¿Como acceder a unha videoconferencia con Falemos?
Para facer unha videoconferencia en grupo existen moitos programas pero tedes á vosa disposición un moi sinxelo:Falemos. Unha versión do JitsiMeet que xa coñecían.
Hai dúas formas de empregala:
1 DENDE O MÓVIL
Hai que descargar a aplicación "Jitsi Meet" dende o PlayStore ou AppStore .
Deben premer na ligazón que se envía, por exemplo: "https://falemos.edu.xunta.gal/nomedareunion".
E elixir "Empregar a aplicación Jirsi Meet".
Estas salas poden estar cifradas con contrasinal.
2 DENDE O ORDENADOR (tendo webcam e micrófono, un portátil por exemplo)
Unha vez cargado, indicades o "Nome da sala" (por exemplo, "clasedemanuel"); e aceptades os permisos de uso de cámara e micrófono.
Quedades a unha hora e avisades aos outros falantes do "Nome da sala" (neste caso era "clasedemanuel"). Todos deben entrar co mesmo nome e á mesma hora.