Transporte Escolar do CEIPP de Abanqueiro. Boiro

Autobús

 

 

As liñas de transporte escolar do centro pasarán á Consellería de Mobilidade.

Estes cambios son máis ben estruturais e non afectarán, en principio, ao servizo que actualmente se oferta.

De todos xeitos, atendendo á petición desta consellería de informar a todos os pais, axuntamos as diferentes liñas que afectan ao Concello de Boiro (tamén dispoñibles en bus.gal). Observarán que hai paradas que necesitan de reserva previa.

 

Lembren que para o uso do transporte escolar existen dous tipos de usuario: con dereito e autorizado.

 

O alumnado con dereito é o alumnado que cumpre estas tres condicións: Domicilio fóra do núcleo urbano do centro escolar, domicio dentro da área de influencia do centro e domicilio a unha distancia superior a 2 KM a pé no itinerario máis curto.

 

O alumnado autorizado (se acada esta condición) é aquel que non cumpre as condicións necesarias para ser alumnado con dereito e as prazas serán asignadas segundo os seguintes criterios marcados pola Consellería:

1º- Discapacidade igual ou maior a 33%

2º- Domicilio inferior a 2 km e superior a 750 metros.

3º- Menores de idade escolarizados en Bacharelato con domicilio a máis de 4 km e non dispoñan doutra alternativa de transporte público.

4º- Escolarizados en ESO e FP Básica con domicilio inferior a 2 km e superior a 750 metros.

5º- Alumnado escolarizado en centro distinto ao que lle corresponde, en función da distancia do domicilio.

6º- Outro alumnado en escolaridade obrigatoria doutros centros que por proximidade soliciten o transporte. Estas prazas serán utilizadas EN PRECARIO e serán por un curso académico, pois decaerán se cambian as circunstancias ou aparecen outras persoas con dereito preferente.

7º- Demais alumnos en escolarización non obrigatoria.

8º- Outro alumnado excepcional sen reserva de praza. Solicitude de Tarxeta Xove

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Paradas no Concello de Boiro.pdf926.34 KB
Paradas Transporte Escolar.pdf137.81 KB