Blogues

Actividade de Recreos Deportivos

Hoxe, como todos os mércores deste curso, desenvolveuse unha parte da actividade que bautizamos como "Recreos deportivos"; onde diferentes clubes deportivos do concello traballarán co noso alumnado.

Xa pasou por onda nós o Clube de Baloncesto (que ademais a partir deste curso realizará parte da súa actividade nas instalacións do noso centro) e as fotos de hoxe corresponden á actividade do Clube de Voleibol.

Agradecemos moitísimo estas colaboracións que nos brindan os clubes do concello.

 

"Mens sana in corpore sano"

Actividade de fútbol para os máis pequenos

Empezan os entrenos na categoría Biberón (nados en 2017-2018)

 

Tunel do Terror

Como nestes últimos anos, no Concello de Boiro, disporemos dun túnel do Terror.

 

8ª CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

ADIADO!

 

Un ano máis o CEIPP de Abanqueiro quere colaborar coa investigación sobre a leucemia infantil, polo que solicitamos a vosa colaboración aportando un donativo mínimo de 1€ e convidamos ás familias a participar na carreira solidaria do vindeiro xoves día 27 ás 13 horas o vindeiro venres 4 de novembro ás 13 horas.

 

Falemos de Autismo

A ANPA Torre de Goiáns organiza esta xornada que pode ser de interese para familia e docentes.

 

Plan Dixital do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro

Axunto o Plan Dixital do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro.

Actividades culturais de outubro

Actividades culturais de outubro de 2022 bi cibcekki de Boiro.

 

 Para máis info, clicar na imaxe

Obradoiro para os máis pequenos na Biblioteca Municipal

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Boiro comunícase que este vindeiro sábado, día 1 de outubro, ás 11:00 h realizarase un Obradoiro Creativo destinado ás nosas crianza, máis concretamente a partir de 7 anos. Poderán experimentar cómo é o proceso na creación dun libro ilustrado así como a elaboración do seu propio libro.

 

O aforo é limitado polo tanto é necesario inscrición prevía. Esta actividade é gratuíta e esta englobada no programa "Ler conta Moito" tratando de de fomentar a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

 

Actividade de Concellería de Igualdade do Concello de Boiro

Novo programa que vai implementar a concellería de igualdade do Concello de Boiro "Miscelánea en movemento", un proxecto piloto que propón actividades en movemento para persoas adultas simultáneamente con actividades específicas de igualdade para crianzas.

 

Actividades Extraescolares da ANPA

Actividades Extraescolares da ANPA

 

Axúntase a folla de inscrición ás actividades extraescolares da ANPA. Esta folla será enviada a través das mochilas.

 

 

NOTA: Lembren que os martes NON hai profesorado de garda e polo tanto non hai servizo de garda e custodia. O alumnado de comedor debe ser recollido á 4 da tarde. A entrega dos nenos/as para cada unha das actividades do martes será directamente no pavillón.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E ENTREGA DE VALES

Informámoslles que dende hoxe están publicadas as listaxes definitivas das axudas para Fondo Libros.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS FONDO LIBROS

      PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS AXUDA FONDO LIBROS           

Nós tamén creamos

Nós tamén creamos!

 

O alumnado de Educación Infantil vén de realizar este curso unha curta baseada no conto de OQO "O sultán e os ratos" que agardamos que vos guste.

VIDEO RESUMO PROGRAMA EDUEXCHANGES

Aquí vos deixo un pequeno video resumo da nosa participación no programa EduExchanges promovido pola Consellería de Educación. Estas foron algunhas das  actividades levadas a cabo ao longo deste curso co alumnado de 5º de primaria e o centro Eskisehir Barbaros Primary School de Turquía.

Audición de Fin de Curso da EMB

Distribuir contido