Última faladoiro de EspazoFamiliaS 2022

Última faladoiro de EspazoFamiliaS 2022

 

VISITA DE SONIA GARCÍA

A ilustradora SONIA GARCÍA, visitou o noso centro e explicoulle aos nenos técnicas moi interesantes sobre a ilustración.

O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro colabora con Cruz Vermella

O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro colabora con Cruz Vermella

co seguinte número

 

Lotería de Cruz Vermella

 

Este ano, o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro colabora con Cruz Vermella coa merca deste número de lotería do Sorteo do Ouro de Cruz Vermella.

Quen queira dispoñer dun destes billetes só ten que pasar polo centro a reservar o seu billete a aboar a cantidade.

Teatro no Concello de Boiro

Teatro no Concello de Boiro

 

 A parábola do angazo de Talía teatro  venres  29 de abril ás 21.00 h na Casa de Cultura destinada a público xuvenil e adulto.

 

4ª Xornada de Espazo Familias

4ª Xornada de Espazo Familias

 

O vindeiro 27 de abril desenvolverase a 4º Xornada formativa de EspazoFamiliaS 2022. Poden facer a reserva en espazofamilias.org/reserva

 

EASTER 2022

Esta semana conmemoramos EASTER e fixemos distintas actividades dende o departamento de plurilingüismo:

- Aprendimos vocabulario.

- Cantamos e bailamos cancións de Easter.

- Fixemos sopas de letras, crucigramas e coloreamos debuxos.

- En Arts elaboraron Chicks e Easter Bunny dando liberdade a súa imaxinación e creatividade.

Actuación de 2º de Primaria

ACTUACIÓN DE 2º DE PRIMARIA

 

O xogo do Hula-Hoop

O xogo do Hula-Hoop

 

O alumnado do noso centro mostra como se xoga ao Hula-Hoop!

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO CURSO 22-23

Bo día:

Comunicámoslle que xa están publicados no taboleiro do noso centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2022-2023.

Poden consultalas presencialmente ou empregando a Chave 365.

De todos xeitos, informámoslles de que todos os que solicitaron praza no noso centro foron admitidos.

AXENDA CULTURAL BOIRO

Bo día:

A continuación informámoslles da obra de teatro que se representará o venres día 8 na Casa da Cultura de Boiro.

Programación teatral desta semana

Programación teatral desta semana

 

3º Faladoiro de EspazoFamiliaS

3º Faladoiro de EspazoFamiliaS

 Reservas en espazofamilias.org

 

Fin de semama cultural e deportivo

FIN DE SEMANA CULTURAL E DEPORTIVO

 

Este fin de semana poderemos desfrutar tanto do teatro como do fito histórico do clube de voleibol de Boiro coa súa primeira PlayOff na máis alta categoría. Axuntamos información dos eventos.

Tamén teñen á súa disposición a exposición itinerante "A Casa de Rosalía" na Praza do Emigrante de Pobra do Caramiñal.

TALLER DE ILUSTRACIÓN CON RODRIGO CHAO

O venres 11 as nenas e os nenos de 4º, 5º e 6º tiveron o pracer de desfrutar dun taller de ilustración co profesional Rodrigo Chao. 

Transmitiunos que tod@s sabemos debuxar, contounos cousiñas sobre o seu traballo e ensinounos técnicas de debuxo que nos servirán de moito!

Aquí podedes ver o ben que o pasamos ese día e algúns dos debuxos!

 

Áreas de influencia educativa (zonas educativas) dos centros de Boiro

ÁREAS DE INFLUENCIA EDUCATIVA DOS CENTROS DE BOIRO

Zonificación aprobada (2022)

Mapa non oficial orientativo

 

 

Con este mapa pode buscar a zona na que reside/traballa e comprobar a zona educativa á que pertence.

 

Distribuir contido