Novas e actualidade.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA CÁRITAS

Queremos agradecer a colaboración das familias na recollida de alimentos en favor de Cáritas.

Festival de Nadal 2021-2022

Festival de Nadal de 2021

 

A continuación disporán da emisión do festival. 

De producirse algún erro de retransmisión, nesta mesma páxina, procederemos a intentar solventar o problema.

3º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

3º PISTA                                ATENCIÓN!!!!

Bo día a todos amig@s! Esta mañá, recibimos unha nova pista de Pita, unha policía municipal, atopou dúas plumas de cores que divisou moi preto do Concello. Como está sendo moi mediática esta gaivota, xa todos saben que o seu niño mora aquí, no colexio de Abanqueiro, e polo tanto veñen a traernos o recado.

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Axudas para distribución de Mascarillas

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS

 

Dende hoxe, hai un prazo de 10 días para solicitar as axudas para a merca de mascarillas para o alumnado de Educación Primaria.

  • Todos aqueles que xa sexan beneficiarios da Axuda de Material Escolar durante o presente curso non necesitan presentar ningún tipo de documentación.
  • Aqueles que non sexan beneficiarios da Axuda de Material Escolar no curso 21-22, poderán solicitar esta axuda (mediante o Anexo axunto) no caso de que cumpran algunha das seguintes condicións:
    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Nota: Axúntase a solicitude en formato pdf.

Teatro na Cachada - Outono Cultural

DÍA MUNDIAL DA DIABETES.

O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes. Ao longo desta semana fixemos diferentes actividades para darlle visibilidade a esta enfermidade e hoxe elaboramos un pequeno video de apoio para os nosos dous heroes de capa azul.

ÁNIMO CAMPIÓNS!

Axudas de aquisición de material deportivo do Concello de Boiro

Axudas de adquisición de material deportivo do Concello de Boiro

 

O Concello de Boiro vén de concedernos unha axuda para a adquisición de material deportivo que aproveitaremos para repoñer material deportivo estragado e adquirir algún material novo.

 

¡Moitas grazas ao Concello!

 

Cursos do CEMIT de Boiro

Actividades culturais de outubro no Concello de Boiro

Equipo de Volei de Boiro

Voleibol

Xornada de portas abertas e inscripcións no Equipo de Voleibol de Boiro.

 

O equipo de volveibol de Boiro realiza xornadas de portas abertas e abre inscripcións nos seus equipos base. A continuación poden ver algunhas das imaxes de difusión nas redes sociais.

 

 

 

 ver máis

Escolas Deportivas do Concello de Boiro

Escolas Deportivas do Concello de Boiro

 

O departamento de Deportes do Concello de Boiro organiza a edición XXIX das Escolas Deportivas Municipais para a tempada 2021-2022. As actividades comezan o 1 de outubro e o prazo para as inscricións abre o 15 de setembro. 

As Escolas Deportivas Municipais do Concello de Boiro engloban programas deportivos para persoas adultas e tamén infantís e xuvenís. 

A celebración das actividades está suxeita ás restricións específicas en materia de sanidade decretadas polas autoridades sanitarias como consecuencia da situación epidemiolóxica. 

 

 Máis información:

Convocatoria de reunión - ANPA Napabán

Convocatoria de reunión - ANPA Napabán

 

Estimadas familias, a ANPA Napaban convoca a todos os pais/nais (rogamos un asistente por familia) a unha reunión informativa, o vindeiro mércores ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Social de Abanqueiro.

Moitas grazas pola súa asistencia.

Informacións sobre o inicio de curso 2021-2022

Informacións sobre o inicio de

curso 2021-2022

A continuación teñen unha batería de preguntas e respostas máis comúns para este inicio de curso, que non variará sustancialmente do curso anterior:

 

 

Pago de cota da ANPA

PAGO DE COTA DA ANPA

 

O ingreso farase na conta da ANPA NAPABAN de ABANCA Calle Principal nº 57 de Boiro. No momento do ingreso dar o nome do neno/a e o curso. O último día para pagar as cotas é o 11 de  outubro.

Distribuir contido